Blog de Galega de Economía Social

10 anos Tempe
13 Outubro 2020
Glosario de termos
20 Outubro 2020

 

En 2019, en Galega de Economía Social lanzamos blog,

un espazo onde a mensaxe social e inclusiva é o noso motor

e as persoas a nosa inspiración.

 

O que diferencia ás nosas iniciativas empresariais das demais son as persoas que forman o noso equipo e as súas historias. Por iso, queremos compartilas con todas vós, que sodes as que nos dades a oportunidade de demostrar cada día do que somos capaces e de seguir construíndo un mundo que nos inclúa a todas as persoas.

Que é o blog de Galega de Economía Social?

Este blog é o espazo creado por Galega de Economía Social, no que abordamos temas clave sobre discapacidade, emprego inclusivo, innovación e economía social, entre outros.

Cal é o seu obxectivo?

En Galega de Economía Social creamos un espazo onde descubrir e explorar novas ideas, proxectos e historias. Apostamos polas persoas, por un emprego inclusivo, que xera novas oportunidades con valor social, e que ten como obxectivo crear unha sociedade máis igualitaria.

Que podes atopar nel?

No blog publicamos novos contidos sobre os proxectos e historias que están a contribuír a transformar a sociedade e a crear un futuro máis xusto para todas as persoas.

 

Neste blog podedes compartir ideas e experiencias, debater temas, intercambiar comentarios sobre as notas que posteamos e suxerirnos, se o desexades, como podemos facer crecer este espazo en beneficio de todas as persoas.

Un lugar, en definitiva, para axudar e ser axudado, para enriquecer e enriquecerse. Apuntádesvos?

Animámosche a introducirte no noso blog e, se non queres perder ningunha novidade, subscríbete á newsletter.

 

Temos moitas cousas que contarche.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade