Queda co talento

Accede Social estrea nova imaxe!
26 Xaneiro 2020
Blog de Galega de Economía Social
13 Marzo 2020

O traballo é unha ferramenta fundamental para a inclusión social. Trátase da principal vía de acceso aos recursos económicos, e resulta básica para o desenvolvemento persoal e social.

Un dos retos máis importantes que o conxunto da sociedade debe afrontar é o da inclusión laboral de todas as persoas que a conforman. O obxectivo: garantir a igualdade de oportunidades, o respecto pola diversidade e o acceso ao mercado de traballo.

A responsabilidade social dunha empresa pasa por converterse nunha compañía inclusiva, na que se valoren as habilidades e capacidades das persoas traballadoras. Desta maneira, ademais de posibilitar o enriquecemento da contorna laboral, permitirá unha maior competitividade da empresa e achegará un valor diferencial no mercado.

A inclusión de persoas con discapacidade na organización transformará á empresa creando unha contorna baseada en condicións de igualdade e respecto, cunha mellor calidade de vida e un clima laboral onde predomina a cohesión e a solidariedade.

Queda co talento

Co obxectivo de sensibilizar á sociedade para normalizar a discapacidade en contornas laborais e fomentar a igualdade de oportunidades no emprego lanzamos “Queda co talento”, espazo no que se inclúe unha serie de entrevistas nas que as xerencias de GES comparten a experiencia da contratación de persoas con discapacidade nas súas empresas. Desta forma pretendemos promocionar o talento e seguir traballando pola igualdade no emprego.

Galega de Economía Social

Galega de Economía Social naceu en 2003 coa misión de conseguir a igualdade de oportunidades no emprego grazas á inclusión laboral de persoas con discapacidade. O noso labor consiste en adaptar as necesidades das persoas, mediante itinerarios de inserción sociolaboral, ás oportunidades profesionais que ofrecen os centros especiais de emprego que forman parte do noso Grupo de empresas de economía social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade