Accede Social, a iniciativa empresarial de GES que promove unha sociedade máis xusta e inclusiva a través do transporte, inicia o ano con nova imaxe. Co redeseño do seu logotipo, pretende transmitir, dunha maneira desenfadada e actual, o que representa o seu compromiso coa sociedade, que persegue eliminar as barreiras, físicas e mentais, coas que a miúdo se atopan as persoas con discapacidade, abandeirando así dentro do sector turístico o soño por un mundo máis accesible.
Cada día máis moderna, máis eficiente, máis innovadora e máis accesible. É o que reflicte a nova imaxe de Accede Social, máis que un símbolo, un espello do novo espírito co que a empresa afronta os retos de futuro. Un espírito que inspirou o seu novo logo e que recolle os valores clave do servizo tan importante que presta, como a proximidade, o optimismo e a accesibilidade: a imprecisión das formas da tipografía, que simboliza as pisadas dos pneumáticos e, un deseño que adopta a letra “A” para representar os trazos minimalistas dunha plataforma elevadora do punto con liñas suaves, que visibiliza á persoa usuaria, indican unha dirección, un camiño, un percorrido fácil para todas as persoas.
A nova imaxe conecta cunha visión cargada de optimismo, pero tamén de responsabilidades, e responde gráficamente á mirada polifacética e multidisciplinar de Accede Social sobre inclusión e accesibilidade. Un aceno de identidade que transmite a experiencia dunha empresa de economía social que segue apostando por un mundo máis accesible no que todas as persoas, con e sen discapacidade, poidan participar en igualdade de oportunidades dunha mobilidade que avanza cara a un destino máis xusto equitativo.