Despois dun ano da súa posta en marcha, remata o proxecto denominado “Plan para a creación e testeo dunha liña de asesoramento en sostibilidade e accesibilidade universal a concellos” que estivo cofinanciado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), en calidade de Organismo Intermedio do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo (FSE) 2014-2020.
O obxectivo do Proxecto, que arrincou en xuño de 2021 e finalizou en xullo de 2022, foi a mellora da competitividade e medidas de consolidación empresarial dos catro centros especiais de emprego de COGAMI Empresarial (Coregal, Dixardín, Combina Social e Galega de Economía Social) que se implicaron neste proxecto piloto aportando a súa experiencia e coñecementos nos ámbitos da sostibilidade e da accesibilidade.
Durante este período conformouse un equipo de traballo, realizáronse obradoiros formativos que favoreceron a creación de manuais de boas praxes para os tres concellos cos que se colaborou, (Muros, Mazaricos e Corcubión), tanto na xestión de zonas verdes como tamén en accesibilidade, na xestión de residuos e en sensibilización e comunicación.
Os tres manuais elaborados están orientados especificamente ás seguintes áreas:
Trala elaboración das guías xurdiron novas liñas de traballo vinculadas cos servizos que prestan os nosos centros especiais de emprego. Como exemplo, Combina Social está a abordar un anteproxecto de ordenación da área de Ancoradorio, en Muros, asinouse unha colaboración con 17º Festival Ribeira Sacra para o deseño dun plan de accesibilidade e, como última novidade, vén de ser aprobado, a través de CEGASAL e a convocatoria Rede EUSUMO, un proxecto para organizar unha feira ou festival que poña en valor a economía social como parte fundamental da economía circular.