17º Ribeira Sacra, un festival con todas as persoas incluídas

Grafinco.gal
2 Novembro 2020
Cambia a perspectiva
14 Decembro 2020

Accede Social viaxou ao Festival 17º Ribeira Sacra para cumprir cunha misión “moi especial”: facilitar a mobilidade entre os distintos espazos e escenarios do festival a todas as persoas asistentes.

O obxectivo: vivir a #Experiencia17° sen barreiras e de forma sostible.

 

 

Grazas por compartir un mesmo destino

Grazas por acompañarnos nesta viaxe, con rumbo cara a unha oportunidade ao alcance de todas e todos. Un lugar preparado para acoller a todas as persoas, no que todas e todos somos diferentes pero todas e todos podemos percorrer o mesmo camiño.

Este non é un destino inventado, pode  existir.

E vós fixéstelo posible.

Grazas por axudarnos a  construír un camiño cara á inserción laboral de persoas con discapacidade no sector turístico que nos permita conseguir que a mobilidade accesible para todas as persoas non sexa un soño, senón unha realidade.

Unha realidade na que o mundo da empresa, do mesmo xeito que fixestes vós, aposte por traballar con persoas con discapacidade para desenvolver o seu talento en igualdade de condicións. Porque o único que nos define profesionalmente é o que somos capaces de facer.

Porque a diversidade e a inclusión son a forma máis humana e eficaz de diferenciar a unha empresa.

 

 

Accede Social
Accede Social é unha empresa de autobuses diferente.
Non por ofrecer servizos de transporte regulares e  discrecionales, iso tamén o inclúen outras empresas.
O que nos diferencia das demais son as persoas que forman o noso equipo.
Somos un centro especial de emprego, o que significa que máis do 70% das persoas que forman parte do noso persoal teñen algún tipo de discapacidade, e detrás de cada unha delas hai esforzo, superación e moita dedicación.
Por iso, cada vez que nos elixes, non só optas por unha forma de viaxar accesible para todas as persoas, sen renunciar a ningunha comodidade, senón que ademais participas da inclusión laboral das persoas con discapacidade.
E nada disto sería posible sen os nosos clientes e colaboradores que, como o Festival 17º Ribeira Sacra, sodes os que nos  dades a oportunidade de demostrar cada día do que somos capaces e de seguir construíndo un mundo que nos inclúa a todas e a todos.

 

 

17º Festival Ribeira Sacra 2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade