Accede Social viaxou ao Festival 17º Ribeira Sacra para cumprir cunha misión “moi especial”: facilitar a mobilidade entre os distintos espazos e escenarios do festival a todas as persoas asistentes.
O obxectivo: vivir a #Experiencia17° sen barreiras e de forma sostible.
Grazas por compartir un mesmo destino
Grazas por acompañarnos nesta viaxe, con rumbo cara a unha oportunidade ao alcance de todas e todos. Un lugar preparado para acoller a todas as persoas, no que todas e todos somos diferentes pero todas e todos podemos percorrer o mesmo camiño.
Este non é un destino inventado, pode existir.
E vós fixéstelo posible.
Grazas por axudarnos a construír un camiño cara á inserción laboral de persoas con discapacidade no sector turístico que nos permita conseguir que a mobilidade accesible para todas as persoas non sexa un soño, senón unha realidade.
Unha realidade na que o mundo da empresa, do mesmo xeito que fixestes vós, aposte por traballar con persoas con discapacidade para desenvolver o seu talento en igualdade de condicións. Porque o único que nos define profesionalmente é o que somos capaces de facer.
Porque a diversidade e a inclusión son a forma máis humana e eficaz de diferenciar a unha empresa.


Accede Social
Accede Social é unha empresa de autobuses diferente.
Non por ofrecer servizos de transporte regulares e discrecionales, iso tamén o inclúen outras empresas.
O que nos diferencia das demais son as persoas que forman o noso equipo.
Somos un centro especial de emprego, o que significa que máis do 70% das persoas que forman parte do noso persoal teñen algún tipo de discapacidade, e detrás de cada unha delas hai esforzo, superación e moita dedicación.
Por iso, cada vez que nos elixes, non só optas por unha forma de viaxar accesible para todas as persoas, sen renunciar a ningunha comodidade, senón que ademais participas da inclusión laboral das persoas con discapacidade.
E nada disto sería posible sen os nosos clientes e colaboradores que, como o Festival 17º Ribeira Sacra, sodes os que nos dades a oportunidade de demostrar cada día do que somos capaces e de seguir construíndo un mundo que nos inclúa a todas e a todos.

17º Festival Ribeira Sacra 2020