O panorama actual píntanos un escenario onde a prioridade debe ser a seguridade e a saúde das persoas. Por iso en Galega de Economía Social, a través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais de COGAMI, desenvolvemos esta guía de recomendacións para axudar ás nosas empresas a adaptar os seus espazos á “nova normalidade”.
Volver á oficina supón a reapertura das nosas economías e recuperar canto antes a nosa actividade. E por suposto, queremos facelo tendo moi presente a saúde e seguridade das nosas persoas. O mundo será máis esixente, irá máis rápido e pediranos máis que nunca axilidade e flexibilidade; anticiparnos ao cambio e convivir con el é fundamental.
É certo que fronte ao novo escenario post-covid19 non é posible predicir o que vai pasar, en que momento nin como; o que si sabemos é que debemos de estar preparados. Como adaptar as contornas de traballo e socialización ás novas condicións sanitarias e hixiénicas, compaxinar o teletraballo coa oficina tradicional, ou garantir a seguridade e saúde nos espazos, son algunhas das cuestións que máis preocupan cando se fala da ‘volta á nova normalidade’.
Aínda que a priori as zonas abertas de traballo poderían converterse en posibles focos de infección, son moitas as medidas para evitalo. Delimitar o aforo, sinalar a distancia mínima ou separar contornas con solucións de paneis versátiles e configurables, ou con biombos de protección, son algunhas das propostas para mellorar a seguridade de profesionais, clientes e persoas usuarias.
Aquí tes uns consellos para abrir máis tranquilas/os.
Esperamos axudar a que teñas máis claro como adaptar o teu espazo para a reapertura.
Este non son unhas pautas definitivas: a medida que vaiamos reunindo máis información, faremos novas versións.
Todo isto é complicado, pero lembra que esta é a túa oportunidade de facer a túa empresa máis competitiva.
Cando se acabe este tempo tan especial, e xa podamos quitar tanto biombo, tanta máscara e tanta distancia, o teu persoal e o teu público esquecerán rapidamente as molestias que sufriron.
Pero durante moito tempo, lembrarán como lles trataches.