Grafinco.gal

Glosario de termos
20 Outubro 2020
17º Ribeira Sacra, un festival con todas as persoas incluídas
2 Novembro 2020

 

Que é?

 

É a plataforma web de  Grafinco, imprenta  offset-dixital especializada en proxectos editoriais e gráficos. Un proxecto aberto e sempre en construción que nace da necesidade latente de poñer en evidencia e fortalecer o principal activo do noso traballo: a creatividade de profesionais e empresas de Galicia coas que colaboramos.

Así, asociada á páxina, creouse un medio de comunicación ( https://www.grafinco.gal/novas) coa clara intención de difundir todo tipo de contido relacionado coa creatividade en xeral, pero tamén dedicado a difundir as novidades e proxectos das empresas, entidades e particulares cos que traballamos. Entrevistas, artigos, crónicas, recensións, analíticas.

Un blog que reforza a importancia da creatividade en todos os ámbitos e que crece de forma orgánica a través da nosa vontade dar visibilidade o traballo dos propios colaboradores. Talento recomendando a talento. Porque, quen mellor detecta o talento dun creativo que outro creativo?

 

Que queremos?

 

I

 

Crear, pensar, deseñar, planificar, debater, producir e en definitiva, traballar para sacar á luz os proxectos dos nosos clientes.

II

 

Fomentar un espazo de creación e traballo compartido.

III

 

Difundir e divulgar os traballos e proxectos de colaboradores e clientes.

IV

 

Facer evidente a vital importancia da creatividade en todos os ámbitos da sociedade.

V

 

Compartir unha visión que nos inspira. A nosa maior motivación son as persoas e o noso fin, social: a inclusión laboral das persoas con discapacidade.

 

Quen somos?

 

Somos unha imprenta  offset-dixital en mans dun equipo especializado con sensibilidade pola creatividade e o deseño. Participamos activamente na produción da túa idea respectando aquelas publicacións e proxectos gráficos con identidade propia, e ofrecendo as ferramentas técnicas para o seu desenvolvemento.

Temos a firme convicción de que a creatividade xoga unha parte fundamental en todo. Por este motivo construímos unha plataforma web que aspira a fomentar as sinerxias e a elaboración de proxectos conxuntos cos nosos clientes. Darlles visibilidade e presentalos ao mundo, seguros do poder da colaboración para alcanzar unha sociedade mellor.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade