Cualicar fano as persoas

“Agradecido por esta oportunidade que cambiou a miña vida por completo”
21 Novembro 2023

Nun momento no que a tecnoloxía parece chamada a emular aos humanos, empezamos a recoñecer que as persoas necesitan sentirse escoitadas, entendidas e comprendidas por outras persoas. Por iso en Cualicar traballamos para ser unha empresa para persoas.

Porque detrás de cada clienta/e hai metas, aspiracións e preocupacións, en Cualicar hai persoas dispostas a escoitalas e ofrecer un servizo personalizado para que poidan alcanzalas. Como Rosa López Casal, nosa responsable comercial, que che axuda, aconsella e, sobre todo, che coñece mellor que ninguén e sempre che asesora ben. Como o faría unha copiloto.

A proximidade, a confianza e a seguridade son algunhas das características que, cada vez máis, busca a clientela de vehículos comerciais. Por iso en Cualicar somos unha empresa de persoas na que o valor do contacto persoal na relación coa nosa clientela é clave para ofrecerlles as mellores solucións.

Somos unha empresa de persoas cuxo modelo sobresae pola proximidade co cliente e a personalización. E nestes tempos en que as cousas son como son ata que un día deixan de selo, o rol de calquera empresa debería ser escoitar e entender ás persoas.

Porque todo o mundo recorremos a persoas cando necesitamos axuda, en Cualicar poñemos en valor tanto a atención en oficinas como a que se fai a distancia. Porque ás veces queres falar e ás veces non. Porque un día necesitamos ter unha persoa alén do teléfono e outras unha a pé de oficina.

Sabemos que o que realmente nos diferencia e nos converte na marca preferida da nosa clientela é o noso equipo humano que, como Rosa, analiza, escoita, empatiza e anticípase para ofrecer un servizo máis áxil e eficaz que redunde nunha mellor experiencia para as nosas clientas e clientes.

E é que Cualicar fano as persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade