“Dito e feito!”, un proxecto con dobre impacto positivo

En Accede Social non existen traballos `para el´ ou `para ela´
25 Setembro 2023
“Agradecido por esta oportunidade que cambiou a miña vida por completo”
21 Novembro 2023

  • 9 persoas con discapacidade conseguiron emprego grazas ao programa ‘Dito e feito’ que conseguiu impulsar a súa contratación no sector da xardinería, xerando novas oportunidades.
  • Entre os traballos máis demandados, desenvolvéronse labores de mellora de pavimentos, supresión de barreiras arquitectónicas ou recuperación de mobiliario e instalación de bancos.

O Plan de embelecemento urbano ‘Dito e feito!’, iniciativa desenvolvida polo Goberno da Alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, en colaboración con Dixardín, tivo como fin a mellora na conservación e na habitabilidade de todos os barrios da cidade así como a creación de oportunidades laborais para as persoas con discapacidade.

Foi a propia veciñanza, a través das súas peticións, quen participou de forma activa no proceso de recuperación dos espazos públicos do municipio. Baixo o lema As túas propostas para embelecer Lugo crean oportunidades! o proxecto obtivo un doble impacto positivo: abrir unha porta ao mercado laboral ás persoas con discapacidade e deixar una cidade máis verde, máis bonita e mellor coidada.

En total atendéronse máis de 150 solicitudes, principalmente traballos de acondicionamento de pavimentos, eliminación de barreiras arquitectónicas e arranxo e recuperación de mobiliario.

Ademais de ser un sector imprescindible para garantir a sostebilidade, a xardinería tamén é unha oportunidade para mellorar a vida das persoas. ‘Dito e feito’ proporcionou un emprego e, por tanto, un medio de inclusión ás persoas con discapacidade.

Pero os seus beneficios non acabaron aí. Ademais, o proxecto logrou unha maior concienciación ambiental nas persoas contratadas para as tarefas de xardinería. Puideron comprobar de primeira man a súa importancia, converténdose nas suas maiores impulsoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade