COGAMI Empresarial recibe a representantes de FAAM para coñecer os seus centros especiais de emprego

COGAMI Empresarial, presente en ExpoBusiness Compostela: innovación, visibilidade e conexións con propósito
15 Xuño 2025
Abrimos as portas á nova web de Integratex, a iniciativa téxtil de COGAMI Empresarial
30 Xuño 2025

COGAMI Empresarial tivo o pracer de recibir a visita dunha delegación da FAAM (Federación Almeriense de Asociaciones de Personas con Discapacidad). O obxectivo desta visita foi coñecer de primeira man algunhas das iniciativas que COGAMI impulsa no ámbito da economía social, así como o funcionamento diario dos nosos centros especiais de emprego de iniciativa social.

Durante a xornada, os representantes da FAAM tiveron a oportunidade de visitar en concreto dúas das nosas empresas: Trameve, Tratamento medioambiental de Vehículos, e Galega de Economía Social. En ambos centros, puideron comprobar o labor que se desenvolve a diario para promover a inserción laboral das persoas con discapacidade, favorecendo a súa inclusión plena no mercado de traballo e na sociedade.

A visita tamén serviu como espazo para o intercambio de experiencias e boas prácticas entre ambas entidades, que comparten unha visión común: apostar por modelos de desenvolvemento inclusivos, sostibles e baseados nos dereitos das persoas con discapacidade.

Desde COGAMI Empresarial agradecemos o interese da FAAM e valoramos moi positivamente este tipo de encontros, que reforzan a colaboración entre organizacións comprometidas coa inclusión e o benestar das persoas con discapacidade.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade