Empresas de COGAMI Empresarial reforzan a súa actividade coa axuda do Galicia Bono Consolida 2025

COGAMI Empresarial asina un novo Protocolo contra o Acoso para garantir espazos laborais seguros e respectuosos
23 Xullo 2025

Un ano máis, varias das empresas integradas en COGAMI Empresarial foron beneficiarias do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social, a través do instrumento “Galicia Bono Consolida Economía Social”, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

No marco da convocatoria de 2025, as empresas Accede Social, Coregal, Dixardín, Grafinco, Integratex e Trameve recibirán axudas públicas que lles permitirán afianzar e fortalecer a súa actividade económica. Estas subvencións están destinadas a actuacións clave como:

  • A adquisición de equipamento informático.
  • O desenvolvemento e mellora de software e páxinas web.
  • Accións de márketing, comunicación e relanzamento comercial.
  • A compra de maquinaria, bens ou ferramentas para optimizar os procesos produtivos.

Estas axudas forman parte dos fondos transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), organismo dependente do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España, e teñen como obxectivo fomentar a competitividade das empresas da Economía Social en Galicia.

A través deste apoio, refórzase o papel das entidades da Economía Social no tecido empresarial galego, consolidándose como axentes clave para a creación de emprego inclusivo, sostible e de calidade. Desde COGAMI Empresarial agradecemos esta aposta institucional pola Economía Social, que permite continuar desenvolvendo proxectos con impacto positivo tanto económico como social.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade