Presentamos a Memoria de Sostibilidade 2024 de COGAMI Empresarial

Compostela Street 2025: cando a economía social se fai visible na rúa
10 Outubro 2025

Un ano máis, reafirmamos o noso compromiso coa sostibilidade, coas persoas e co territorio.

Desde COGAMI Empresarial, o Grupo de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) integrados na organización de COGAMI, vimos de publicar a nosa Memoria de Sostibilidade 2024, un documento que resume os principais fitos, retos e impactos do último ano.

Resumo dun ano de actividade intensa
Nun exercicio que engloba o traballo de 10 empresas, máis de 20 centros de traballo e un equipo humano de 762 persoas, esta Memoria permite poñer en valor a diversidade de servizos, sectores e produtos nos que operamos, así como o crecemento sostido do noso Grupo Empresarial.

Ao longo destas páxinas, poderás coñecer:

  • Que empresas forman parte de COGAMI Empresarial
  • Que servizos e produtos ofrece cada unha
  • As alianzas estratéxicas que impulsamos
  • As medidas implementadas para coidar do medio ambiente
  • O valor social xerado dende unha perspectiva de Economía Social

Comprometidas coa sostibilidade e coa transparencia
Esta publicación cumpre co establecido pola Lei 11/2018 sobre Información non Financeira, así como coa Directiva sobre Información sobre Sostibilidade Corporativa (CSRD) e as Normas Europeas de Información sobre Sostibilidade (NEIS). Ademais, mantemos como referencia os Estándares GRI, para garantir unha análise rigorosa e comparable dos nosos indicadores clave.

Con esta xa son cinco edicións consecutivas nas que elaboramos a Memoria de Sostibilidade, consolidando unha ferramenta esencial para avaliar o noso impacto social, económico e ambiental. Facémolo co convencemento de que só desde unha mirada integral se poden tomar decisións que contribúan a construír un futuro máis xusto, inclusivo e sostible.

Dende COGAMI Empresarial seguimos apostando por deixar un impacto positivo, xerando valor social e mantendo sempre ás persoas no centro da nosa actividade.

Consulta a Memoria de Sostibilidade 2024 completa aquí: https://www.galegadeeconomiasocial.gal/contenido/uploads/2025/09/COGAMI-memoria-GAL-2024-DEF.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade