O emprego, unha das chaves da inclusión
Para Galega de Economía Social, en todos os sectores onde opera, o emprego non é un medio para lograr un fin económico: o emprego é o fin, o obxectivo, o logro, cando unha persoa con discapacidade accede a un posto de traballo, e tórnase nun medio para acadar o seu proxecto de vida. Por iso é polo que o noso esforzo vira en ofrecer oportunidades a través do emprego digno a moitas persoas cuxo risco de exclusión laboral e, polo tanto, social, é maior que para o resto da cidadanía.
O modelo de GES demostra que a realidade social e a económica son perfectamente compatibles coa creación de emprego, panca de inclusión real e efectiva. Nada inclúe máis que un salario digno.
Por iso a nosa razón de ser é unha aposta rotunda polo emprego. Máis de 650 profesionais fan seus os nosos valores.
Son máis que datos, máis que números. Detrás de cada unha das persoas que desenvolven a súa actividade nas empresas de GES hai unha historia de inclusión laboral, paso destacado cara á inclusión social, a igualdade de oportunidades e ao cumprimento dos dereitos das persoas con discapacidade.
Empresas con crecemento sostible e social
O proxecto empresarial de GES nace como resposta a unha realidade: as dificultades que teñen as persoas con discapacidade para conseguir un posto de traballo. Por iso, o compromiso social, a competitividade e a rendibilidade económica guían a actividade de Galega de Economía Social, que día a día demostra que un crecemento económico e inclusivo á vez é posible, xerando prosperidade, oportunidades e valor compartido para toda a sociedade.
GES desenvolve unha actividade ampla e diversificada en 11 iniciativas empresariais agrupadas en distintos sectores de negocio (alimentación, artes gráficas, consultaría, distribución, transporte, medio ambiente e téxtil), que dan lugar a unha oferta integral, flexible e personalizada.
Todos eles son centros especiais de emprego (CEE), figura recoñecida legalmente como un dos tipos de entidades da Economía Social. Conta no seu persoal con máis dun 90% de persoas con discapacidade.
Isto achega un plus de valor diferencial e competitivo á oferta de GES, debido a que ofrece a potenciais persoas e empresas colaboradoras e clientas a posibilidade de compartir os nosos valores e proxecto socioempresarial e, á vez, cumprir coa normativa vixente en materia de emprego de persoas con discapacidade.
gl | gl | ||
---|---|---|---|
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _icl_current_language | WPML | Usamos WPML para locale management. Leer más | 1 día | whostmgrsession | Misceláneas | 1 dia |
gl | gl | ||
---|---|---|---|
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade |
gl | gl | ||
---|---|---|---|
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _gid | Google Analytics | Usamos Google Analytics para website statistics. Leer más | 1 day | _ga_* | Google Analytics | Usamos Google Analytics para website statistics. Leer más | 1 año | _ga | Google Analytics | Usamos Google Analytics para website statistics. Leer más | 2 years | _gat | Google Analytics | Usamos Google Analytics para website statistics. Leer más | 1 minuto |
gl | gl | ||
---|---|---|---|
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _cltk | Microsoft Clarity | Usamos Microsoft Clarity para heat maps and screen recordings. Leer más | _clsk | Microsoft Clarity | Usamos Microsoft Clarity para heat maps and screen recordings. Leer más | 1 day | _clck | Microsoft Clarity | Usamos Microsoft Clarity para heat maps and screen recordings. Leer más | 1 año | Google Fonts API | Google Fonts | Usamos Google Fonts para display of webfonts. Leer más | expira de inmediato | GPS | YouTube | Usamos YouTube para video display. Leer más | session | YSC | YouTube | Usamos YouTube para video display. Leer más | session | PREF | YouTube | Usamos YouTube para video display. Leer más | 8 months | VISITOR_INFO1_LIVE | YouTube | Usamos YouTube para video display. Leer más | 6 meses | rc::c | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | session | rc::b | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | session | rc::a | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | persistente |